«Conectadas» é unha campaña que dá a coñecer os logros do proxecto «Inclusión dixital e de calidade: reducindo a fenda dixital para un mundo máis xusto e sustentable» que levaron a cabo organizacións e redes do Sector Social da Compañía de Xesús en España. A través do noso traballo demostramos a importancia da dixitalización para a transformación social.
Conectadas reflicte a colaboración, unidade e inclusión que, a través da dixitalización, podemos atinxir. Reflicte a conexión que xera a educación, o acompañamento, a acollida e a participación que ofrecemos ás persoas coas que traballamos. Reflicte tamén a nosa opción por SEREN PERSOAS conectadas á xustiza e a transformación social.
Somos as organizacións que formamos parte deste proxecto e desenvolvemos o noso labor tecnolóxico con enfoque de dereitos humanos e para a igualdade de oportunidades.
No seu traballo por construír unha cidadanía global que promova a xustiza socioambiental e a equidade de xénero, especialmente en contextos de maior vulnerabilidade, a Fundación Alboan pon en marcha accións dixitais para mellorar as súas intervencións e proxectos.
Fundación ECCA traballa, a través da dixitalización, para facilitar o acceso de persoas en situación de vulnerabilidade á nova contorna dixital, a través de módulos de aprendizaxe en liña e titorías grupais.
No seu labor de defender o dereito á educación de todas as persoas, especialmente das que viven en situación de vulnerabilidade, Entreculturas traballa, a través da dixitalización, para facilitar o acceso á educación e mellorar o desenvolvemento e o alcance dos seus proxectos.
O Servizo Xesuíta a Migrantes España (SJM), co proxecto de dixitalización, e na busca de multiplicar o seu alcance e visibilidade, pon en marcha unha estratexia para reducir a fenda dixital das persoas migrantes.